| Carlos II. |
De Carlos II pódense dicir moitas cousas, pero o que temos claro é que foi o derradeiro monarca da casa dos Habsburgo, ou dos Austrias, que reinou en España.
El foi un monarca moi especial, que tivo toda unha serie de problemas moi importantes sobre a súa cabeza, pero o que debemos ter claro que foi unha personalidade única e irrepetible. Durante o seu reinado recuperouse relativamente a economía do reino, houbo toda unha serie de problemas que tiveron unha complicada resolución e España mantívose nunha relativa paz. Moitos considérano como un dos peores monarcas de España, pero non debemos tratalo tan mal. El foi froito dun desafortunado cúmulo de circunstancias, e fixo o que puido no seu cargo; e nalgunhas cousas podemos consideralo como alguén moito máis sensato que os seus predecesores.
Como dí Nieves Concostrino foi unha piltrafa humana, pero iso debemos velo en relación coa súa propia natureza: fillo da dexeneración xenética dos Austrias, que casaban constantemente entre eles. Iso acabou provocando unha serie de problemas como raquitismo, unha mente con certas limitacións, e a infertilidade. O que acabou provocando un tremendo problema sucesorio, que provocou a Guerra de Sucesión Española trala súa morte, pero iso xa o analizaremos con calma. Pero debemos aclarar que este feito marcou un cambio fundamental na Historia de España.
Aquí déixovos unha serie de podcast, para que os axudedes a comprender como era este personaxe.
Sobre a morte de Carlos II.
Temos o seguinte enlace.O día que cascó el útlimo de los Austrias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario